Ev e eU

Ou o home que convirtiu aos espectadores en autores a través da maxia

Nacín en Clarks un pobo de 300 habitantes en Nebraska, iso marcou a miña forma de ser provocando un sentimento de empatía extrema cara ás persoas. Dedícome a crear sistemas para alentar teclear e pensar.

Nacín en San Ciprián un pobo de 3.000 habitantes en Galicia, iso marcou a miña forma de ser provocando un sentimento de empatía extrema cara ás persoas. Conto historias.

Vivo en California e no meu perfil de Twitter teño unha foto cunha sonrisa de orella a orella.

Vivo en Vilagarcía e no meu perfil de Twitter teño unha foto de fotos resumo da miña vida.

Fun un dos primeros bloggers creando incluso a palabra blogger, creei unha das maiores redes sociais sendo un dos primeiros en twitear na historia.

Esta é a miña primeira entrada nun blog, twiteareina no que será o meu primeiro twit, non creei comunidades pero sí equipos.

Estou diante do ordenador de sol a sol, disfruto estando diante todo o día.

Traballei durante moitos anos construíndo e mantendo redes de telefonía móvil e fixa a través das cales Mickey mouse chegou aos ollos do meu fillo.

Son moi tímido. Xa fun máis.

Sempre me gustou escribir. Tamén pensar, adoro pensar.

Encántame o que fago, disfruto tódolos días traballando.

A vida é maravillosa, cal é o sentido da vida? Vivir? Pensar? Escribir? Ser feliz.

Estou diante do PC e xa non sei se son eu ou é outro o que está escribindo.

A Evan Williams.

Wikipedia Twitter LinkedIn Facebook Medium Web

email

Leave a Reply

Your email address will not be published. Required fields are marked *