Introdución a Transmedia Experience

 Isto é sobre contar historias

Xi Toy Story

“Os antropólogos cóntannos que contar historias é central na existencia humana. Que é común a toda cultura coñecida. Que envolve un intercambio simbiótico entre o narrador e o interlocutor”

Frank Rose en The Art of Inmerssion

Deep media, crossmedia, transmedia. Estase nun momento de nacemento tal que nin sequera existe un termo usado por todo o mundo para definir o que en catro palabras se pode dicir que é contar historias a través da rede. Porque basicamente do que vamos a falar é diso de contar historias a través da rede, os medios non cambiaron e as plataformas tampouco (vídeo, novela, audio, publicacións,…) mais o canle de distribución principal é a Internet independentemente do medio e que incluso dentro do proxecto transmedia haxa eventos na vida real como asistir a proxeccións, manifestacións, … porque o canle para chegar ao público é a rede. Un público que xa non será máis espectador senón que formará parte da historia tanto por estar inmerso na mesma como porque poderá ser creador da historia.

As bases da comunicación non variaron pero a tecnoloxía si cambiou a nosa forma de interactuar e participar nas historias, xa non estamos máis tempo sentados en torno á lareira escoitando como os maiores nos contan as historias. Non. Estamos na casa coa televisión ou unha película posta, conectados en comunidade a través do smartphone, lendo as últimas novas do director ao tempo que vemos a película, compartindo o enlace cós nosos amigos, subindo unha foto a Flickr do ben que se está tumbados no sofá, compartindo os pensamentos a través de Twitter con xente de todo o mundo, facendo un comentario en Filmin ou Imdb do marabillosa que é a historia ou incluso subindo unha versión propia da película a YouTube.

Neo tivo a opción de comer a píldora vermella ou a azul, nós non temos xa máis esa opción estamos en Matrix e non poderemos saír, así que o que nos queda é adaptarnos ao medio porque como marcou Darwin na súa teoría de evolución “só sobrevivirán os máis fortes.” Mais unha adaptación a través da inmersión, da busca da felicidade, de engancharnos e facer o que máis nos gusta.

Matrix píldora azul o roja

Neste proxecto transmedia experience daremos a coñecer o que é este termo a través dunha web con blog asociado, un canle de vídeos en YouTube con blog asociado, un libro sen blog ou con blog, redes sociais e todos vós. Iso é transmedia experience. Ademáis este proxecto é o punto de partida dunha filosofía de vida que cristalizará nos próximos meses a través de SOLPOH e un xogo no que Einstein será protagonista.

O que pretendemos é contar unha historia sobre un novo medio de contar historias o transmedia porque como indica Frank Rose na cita do seu libro The Art of Inmerssion que encabeza esta páxina independentemente da época contar historias é central na existencia do ser humano e no mundo no que vivimos hoxe o mellor camiño para fácelo é a través de transmedia.

Espero que disfruten desta experiencia como o autor está disfrutanto cóntandoa. Porque a mellor forma de disfrutar todo isto sería vendo como hordas de zombifans perseguen os contidos de transmediaexperience como se de apetitosos humanos se tratara.

Always look at the bright side of life. 

Monty Python

email

Leave a Reply

Your email address will not be published. Required fields are marked *