Principios transmedia

“Un proceso chamado “converxencia de modos” está esvaendo as liñas entre os medios, incluso entre as comunicacións entre dous puntos, como o correo, o teléfono e o telégrafo, e as comunicacións de masas, como a prensa, a radio e a televisión. Un só medio físico (xa sexan cables ou ondas) pode transmitir servizos que no pasado se provían por camiños separados. Inversamente, un servizo provisto no pasado por un medio determinado (xa sexa a radio, a televisión, a prensa, ou a telefonía) hoxe pode ofrecerse por varios medios físicos diferentes. Por conseguinte, estase erosionando a relación de un a un que soía existir entre un medio e o seu uso.“

Ithiel de Sola Pool en Convergence Culture de Henry Jenkins extraído do libro On Free Speech in an Electronic Age.

¿Cales son os principios da narrativa transmedia?

No seu blog Henry Jenkins impulsor do termo transmedia define os sete principios da narrativa transmedia:

a)                Expansión vs. profundidade (spreadability vs. drillability).

Expansión é a habilidade e compromiso dos VUPs por difundir os contidos a través dos distintos canles.

Profundidade é a busca de máis información sobre o universo onde se desenvolve a narrativa e as súas posibles extensións por parte dos VUPs.

Son conceptos complementarios, onde a expansión e a profundidade van da man.

b)            Continuidade vs. multiplicidade (continuity vs. multiplicity).

A continuidade é a coherencia e credibilidade dos universos creados.

A multiplicidade é a posibilidade de acceder a versións alternativas dos personaxes ou universos das historias.

c)            Inmersión vs. extracción (Inmerssion vs. Extractability).

Inmersión implica que o VUP entra en tódolos mundos que forman parte do universo transmedia.

Extracción implica que o VUP toma parte dos elementos do universo para integralos na súa vida cotián.

 d)            Construción de mundos (Worldbuilding).

Extensións que dan unha concepción máis rica do mundo onde a narrativa ten lugar a través de experiencias no mundo real e dixitais. Está directamente relacionado coa inmersión e a extracción.

e)            Serialidade (Seriality).

A construción dunha serie basease na creación de fragmentos significativos e convincentes dunha historia para ser distribuídos a través de múltiples entregas. En transmedia a serialidade mostraríase non só a través de múltiples segmentos senón tamén a través de múltiples medios.

Ruptura do arco narrativo a través de múltiples segmentos, únicos a cada plataforma e que se expanden por distintos medios.

f)             Subxectividade (Subjectivity).

Explorar a historia a través de distintos personaxes e puntos de vista.

g)            Execución (Performance).

A posibilidade de que traballos realizados polos fans se convertan en parte da propia narrativa transmedia. Sendo que parte de estes traballos son aceptados ou incluso provocados polo autor e outros non. Ao cal se chega se se logra que o público participe activamente no desenvolvemento da franquía.

Estes principios poderían resumirse na relación entre os tres conceptos que Henry Jenkins define como a base da cultura da converxencia:

  • Converxencia mediática.
  • Intelixencia colectiva.
  • Cultura participativa

Profundizaremos ao longo do tempo nestes principios e asociáremolos cós que para nós son os catro elementos capitais do transmedia: as capas, a empatía, os sendeiros que se bifurcan e a caixa misteriosa. Ou Matrix, todos nós, Borges e Blade Runner.

Acabamos como empezamos cunha cita:

O sentido da vida é ser feliz.

email

Leave a Reply

Your email address will not be published. Required fields are marked *