Que é transmedia

Transmedia. Isto é sobre contar historias

“Todo medio comeza có autor dicindo. “Por favor toma isto en serio”. E o que nós estamos facendo é o mesmo. Este é o primeiro dunha longa serie de pasos no nacemento dun novo medio. Isto non son películas na web. Isto non é TV interactiva. Esta é a forma en que Internet quere contar as historias. Ninguén ten unha definición clara do que é isto. Pero a Internet está tratando moi duramente de dicírnolo. E a única forma de descubrilo é intentando”

Elan Lee en The Art of Inmerssion de Frank Rose.

Aínda que o transmedia se pode dicir que naceu có nacemento da historia e as súas primeiras manifestacións poden ser asociadas ao lanzamento das obras de Homero, desde a chegada da Internet este concepto está dando un salto cualitativo que está levando consigo o nacemento dunha nova forma de contar historias, unha nova forma de arte que está no seu proceso de definición como no seu momento a novela ou o cinema precisaron de séculos ou décadas para seren definidas.

Como di Elan Lee na cita que encabeza esta páxina estamos ante unha nova forma de contar historias que ten a rede como principal canle de distribución e por tanto os medios de comunicación que nela existen como canles para chegar aos espectadores.

Nesta páxina daremos a definición de transmedia desde o punto de vista de tres profesionais de diversos ámbitos: un periodista, editor e escritor (Frank Rose); un produtor transmedia propiamente dito (Jeff Gómez) e un profesor universitario (Henry Jenkins

Transmedia según tstoryteller

 Imaxe tomada de Robert Pratten. O todo é maior que a suma das partes.

Frank Rose, The Art of Inmerssion

No comezo como os filmes e a televisión, a web serviu principalmente como unha forma de retransmitir formatos familiares. (…) Pero baixo a influencia da web unha nova forma de narrativa está aparecendo, unha que é contada a través de moitos medios ao mesmo tempo dunha forma que non é lineal, que é participativa e a miúdo xogable, i todo é deseñado para ser inmersivo. Isto é deep media historias que non só son de entretemento, senón inmersivas, levándote máis alá dunha hora de TV-drama ou das dúas horas dunha película ou do que un spot de 30 segundos permite. Esta forma de contar historias non só está transformando o entretemento, senón tamén a publicidade e a autobiografía.

Jeff Gómez, Starlight Runner

Transmedia é o proceso vangardista de transmitir mensaxes, temas ou historias a unha audiencia masiva a través do uso de forma enxeñosa e ben planeada de múltiples plataformas de medios e extensión de marca que crea unha lealdade da audiencia intensa e compromiso a longo prazo, enriquece o valor de contido creativo e xera múltiples fontes de ingresos.

Henry Jenkins, Convergence Culture

A narrativa transmedia representa o proceso onde os elementos integrais dunha ficción se dispersan sistematicamente a través de múltiples canles de distribución có propósito de crear unha experiencia de entretemento unificada e coordenada. Idealmente cada medio fai a súa contribución única ao desenvolvemento da historia.

Hoxe en día as técnicas transmedia son usadas en campos como a televisión, cine, publicidade, educación, activismo, narracións de marca, editoriais, … e as plataformas que utilizan son tantas como medios existen: televisión, radio, internet, eventos na vida real, apps, ARGs entre outros.

Como indicou Nick de Martino no seu maravilloso artigo Why transmedia is catching on:

 Transmedia é a seguinte grande cousa en Hollywood e Madison Avenue.
email

Leave a Reply

Your email address will not be published. Required fields are marked *